Movemento Perpetuo
na Poesía de
Anderson Braga Horta
por XOSÉ LOIS GARCÍA
Se dicimos que Anderson Braga Horta (Carangola, Minas Gerais, 1934) é un dos grandes poetas brasileiros contemporáneos, sen pór énfase, matiz e puntualidade nas súas variadas entregas poéticas, estariamos sen incidir nas particularidades que a súa obra creativa merece destaque, pola súa enorme idea e sensibilidade ao achegar suxerencias e implicacións, multiplicando un fato de revelacións da existencialidade do home, dos seres e das cousas.
Anderson Braga Horta pertence a esa saga de poetas excelentes e recoñecidos no Brasil, como foron seus pais: Anderson de Araújo Horta e Maria Braga. Mais tamén a esa estirpe de poetas mineiros, como foron todos aqueles mecenas da “Poesía dos Inconfidêntes”, no século XVIII, que desde Vila Rica, agora Ouro Preto, deron corpo á poesía patriótica e a outras parcelas líricas que teñen continuidade no Brasil, grazas a tantos nomes de poetas mineiros que marcaron ese perfil ático e preferente, personalizados en varias xeracións e recoñecidos mundialmente. Pois, do centro do oráculo poético de seus exercicios creativos que expanden credibilidade por ese traballo pensado e executado que transfire confianza á súa autenticidade creativa e sen inhibicións.
Em 1978, o crítico literario Campomizzi Filho, subliñou: “Grande poeta, realmente grande poeta, ABH está na primeira linha dos nosos nomes de hoje”. Braga Horta continúa estando seu nome en liña, remontando pasados e perfilando autenticidade creativa nun presente bastante convulsivo. Mais a esas palabras de Campomizzi hai que engadir as do crítico, Jácomo Mandatto: “Anderson Braga Horta figura entre os nossos principais poetas modernos.... Embora de uma temática bem variada, sua poesia volta-se para os problemas angustiantes da actualidade, cantando-os com uma beleza profunda e singular”.
Aínda que Braga Horta vive desde os anos setenta en Brasilia, mais todo ese enorme espazo de Minas Gerais está presente na súa poesía e sobre todo no poemario: “Quarteto arcaico”. Mais o Altiplano de Brasilia conferiulle elementos ben distinguidos para articular unha poesía harmoniosa que sustentada por estruturas sólidas de cara a potencializar ese canto tan singular do altiplano brasileiro. Aí se concentra un basto humanismo que o autor gradúa e procesa, distinguindo varios eventos vividos e suxeridos que nos leva a esa contemplación do incontemplado.
Outro dos livros de sorpresa creativa de Anderson Braga Horta, tan destacado polos críticos e cultivado polos lectores é: “Exercícios de Homem”, no que se destaca esa contundente búsqueda da forma e da palabra en súas urxencias mais actuais e preclaras, no que se refire a plasticidade e ao ímpeto con que o poema emerxe manifestando ricas e insólitas imaxes.
Outro destaque na obra de Braga Horta, senlleiro na poesía brasileira, é o poemario, titulado: “Cronoscópio”, que para as observancias canónicas do grande crítico, Moacyr Félix, confirma: “Cronoscópio, eis um título que bem revela a preocupação constante nesta amostra a mais do fazer poético de Anderson. O tempo, a renda das horas, o seu infindável novelo, o seu tricotar-se sem pausa no silêncio dos instantes na paisagem geral ou na aparente imobilidade de cada coisa”.
En todas as entregas e rexistros poéticos de Anderson Braga Horta, está a fenda, a pegada e a emerxencia en que respira a súa creatividade formal. O verbo creativo en respiro permanente, concedendo fertilidade a novidosas xeiras que se artillan na poesía brasileira.
Suplemento RDL – Revista das Letras, do jornal Galicia Hoxe e GaliciaHoxe.com, edições impressa e eletrônica, Santiago de Compostela, Galiza, Espanha, 5-8-10. Com chamada na 1.ª página do jornal e, na revista, foto, o texto de Xosé Lois García e o restante das 8 páginas com os poemas (em português) Luta, O Cordeiro e a Nuvem, Meditação sob a Chuva, Sós, Dualismo, Os Espantalhos, O Grilo, Tangente, Tântalo?, Soneto Cósmico e Palinódia.
|